Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rosa ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.
Acabarei por facer do poema a biografía
atar os días a xeito de tercetos encadeados
e espetar-lle ao mundo que si, que é posíbel
viver como vive a poesía, voar de aqui a alá
nalgo tan sutil e ao mesmo tempo tan exacto.
Isto é poesía, un ruido provocado
Luisa Villalta
Sé el primero en dejar una opinión