Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas.
Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.
Ledicia Costas (vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou Un animal chamado néboa (2015, 2024), Premio Losada Diéguez; Infamia (2019); Golpes de luz (2021) e Pel de Cordeiro (2024). As súas obras destinadas ao público xuvenil recibiron numerosos recoñecimentos e premios, entre eles o Premio Lazarillo conseguiuno en tres ocasións, con Julies Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais, 2016), A balada dos unicornios (Xerais, 2018) e A lebre mecánica (Xerais, 2022). Enre a súa extensísima e premiada produción na literatura infantil, cabe destacar Escarlatina, a cociñeira defunta (xerais, 2014), obra coa q obtivo o Premio Merlín e o Nacional de Literatura intantil e uvenil, e O neno de lume (Xerais, 2022), coa q volveu a conseguilo. En 2022 gañu o XX Premio de Poesía Afundación con Ultraluz (Xerais, 2023). En 2021 foi recoñecida co premio da Cultura Galega e en 203 recibiu a Medalla Castelao.
Sé el primero en dejar una opinión