Os soños na gaiola son un conxunto de carenta e nove poemas de grande musicalidade que cantan con "inocencia" o mundo da infancia en contacto coa natureza.
Trátase, sen dúbida, dunha das obras máis importantes, exitosas e emblemáticas da poesía infantil. Tamén é un eficaz instrumento para afirmar o uso da nosa lingua entra as crianzas galegofalantes ou para aproximar afectivamente a ela aqueless nenos e nenas que aínda non a falan e que están a perder ou para aproximar afectivamente a ela aqueles nenos e nenas que aínda non falan e que están a perder os referentes do mundo rural e da natureza que o envolve.
É tamen unha boa fiestra para aqueles que desexan achegarse ao galego e que falan outras linguas, e comezar por estes poemas de Manuel María, que son ao mesmo tempo sinxelas e cheas de significado.
Manuel María é unha das voces máis importantes e singulares da literatura galega contemporánea. Xeralmente máis coñecido como poeta, tamén cultivou con profusión e acerto outros xéneros literarios como a narrativa, o teatro, o ensaio ou a prosa xornalística, a se converter así nun dos autores máis prolífico e polifacéticos da nosa historia literaria. Ao mesmo tempo, o compromiso cívico coa nación galega, coas clases populares e co idioma propio converten o autor nun referente moral para a sociedade galega e nunha das figuras exemplares.
Os Soños na gaiola é unha volta á infancia do autor para , através das lembranzas daquela etapa da súa vida en contacto coa natureza, ofrecerlles ás crianzas galegas un conxunto de textos poéticos sobre persoas, animais e cousas na lingua propia do país, poemas que o poeta botou de menos na súa propia infancia. Poesía para nenas e nenos, pois, que no seu momento encheu un baleiro existente na literatura galega o que hoxe continúa a ser unha obra de referencia no xénero.
Sé el primero en dejar una opinión