Lois Pereiro
Antoloxiá Poética
Edición, escolma e introdución de Daniel Salgado
Lois Pereiro (Monforte de Lemos 1958 - A Coruña 1996) comazou a escribir aos 16 anos. Despois deses poemas iniciais, publicados a finais da década de 1970 na revista Loia, o poeta elaborou unha obra que foi reunida en dous libros: Poemas 1981 - 1991 e Poesía última de amor e infermidade (1995). Tamén é autor da novela curta Naúfragos do paradiso (1997) e , postumamente, publicáronse outros dous libros seus: Poemas para unha loia (1997) e a prosa autobiográfica de Conversa ultrmarina (2010).
Daniel Salgado (Monterroso, 1981) traballa como xornalista na edición galega de El País e colabora en Trotexta e en A Trabe de Ouro. Forma parte do Cineclube de Compostela e traduciu a Allen Ginsberg, Adrienne Rich ou Lawrence Ferlinguetti. Publicou os libros de poema Sucede (2004), días no imperio (2004), Éxodo (2006), Os poema de como se rompe todo (2007) e Ascensión (2010)
Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso.Escolma da obra poética de Lois Pereiro, autor a quen se adicó o Día das Letras Galegas 2011
Sé el primero en dejar una opinión